Ads 468x60px

Estatutos

ESTATUTOS DA “ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA (A.P.G.)”

CAPÍTULO I: DENOMINACIÓN, FINS, DOMICILIO E ÁMBITO
Artigo 1
        A ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA constitúese como Asociación de carácter Científico e Cultural, sen ánimo de lucro, que atoparase rexida por estes Estatutos e polas disposicions legais vixentes.
        A ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA presenta, dacordo coa legalidade vixente, personalidade xurídica propia con plena capacidade xurídica e de obrar.
Artigo 2
Os fins da ASOCIACIÓN PALENTOLÓXICA GALEGA son:
        A promoción e difusión da actividade paleontolóxica en Galicia nos seus aspectos científico, tecnolóxico e aplicado, así como o fomento das relacións entre os membros a través de sesións científicas, reunións de campo e manifestacións de carácter análogo.
        A promoción cultural da Paleontoloxía e o ensino da mesma, servindo como centro de información e difusión entre os interesados.
Artigo 3
Para lograr estes fins a ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA proponse:
        Organizar reunións de carácter rexional e excepcionalmente nacional e internacional, destinadas á exposición e discusión dos avances e resultados da investigación científica básica e práctica paleontolóxica e á protección, coñecemento e exposición do patrimonio paleontolóxico, xunto ás iniciativas propostas polos socios que poidan interesar á ciencia e á Asociación.
        Publicar un blog divulgativo sobre paleontoloxía.
        Difundir un Boletín Interno que funcione como órgano de comunicación entre os socios, no cal daranse a coñecer ás actividades da Asociación y de outras afins, así como información que sexa de interés para os socios.
        Actuar como interlocutor válido fronte a Administración nos temas relativos ó patrimonio científico e social dos fósiles e protección dos espazos de interese paleontolóxico en todo o territorio Galego, a través dos  Concellos e Centros de Investigación.
        Constituirse en interlocutor autorizado fronte outras Asociaciones científicas nacionais e internacionais, especialmente da Asociación Española de Paleontoloxía e a Asociación Paleontolóxica Internacional (I.P.A.).
        Crear un centro ou arquivo de información e publicacións científicas a disposición de tódolos membros da Asociación, no cal sería desexable que figurasen, polo menos, ás publicacións de tódolos socios como patrimonio inicial.
        Asesorar, en materia educativa e outros campos relacionados coa Paleontoloxía,  ás entidades que o soliciten.
Artigo 4
O domicilio da Asociación é: Campus universitario Lagoas Marcosende (facultade de Bioloxía),  36310 Vigo (Pontevedra), coa posibilidade de traslado por acordo da Asamblea, sen que iso provoque a modificación estatutaria.
Artigo 5
Como Asociación domiciliada na Universidade de Vigo, o seu ámbito de acción tamén estará especialmente dirixido ós membros da Comunidade Universitaria viguesa, e realizaranse con eles diferentes actividades: exposicións, talleres, seminarios e outras coa súa colaboración, podendo realizarse nas súas instalacións.
Artigo 6
O ámbito territorial da ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA será o da Comunidade Autónoma de Galicia, podendo relacionarse con outras Asociacións galegas, españolas  e estranxeiras.

CAPÍTULO II: OS SOCIOS
Artigo 7
Os Socios da Asociación, con número ilimitado, españoles e estranxeiros, poderán ser das seguintes clases:
        Socios Fundadores: serán Socios Fundadores aquelas personas físicas que formen parte da Asociación con anterioridade ó día 3 de marzo do 2013.
        Socios Ordinarios: serán Socios Ordinarios aquelas personas físicas que solicitaron e obtiveron o ingreso na Asociación dacordo co artigo 7.
        Socios Corporativos: serán Socios Corporativos aquelas entidades (Empresas, Museos, Laboratorios e Institutos de Investigación, Departamentos Universitarios e outros semellantes) que soliciten o ingreso na Asociación dacordo có artigo 7, fosen admitidos e abonen a cuota que para os Socios Corporativos estableza a Asamblea Xeral.
        Socios de Honor: serán Socios de Honor aquelas personas físicas que, polo seu relevante prestixio científico no campo da Paleontoloxía, faganse acreedores de tal distinción. Deberán ser propostos polo menos por un 15% dos membros da Asociación e a súa admisión deberá ser confirmada pola maioría das 2/3 partes da Asamblea Xeral.
Artigo 8
        Poderán solicitar a admisión na Asociación todas aquelas personas físicas e entidades interesadas pola Paleontoloxía (investigación, museos, ensino e outros).
        A admisión na Asociación de calquera persona física ou xurídica, individual ou colectiva, excepto Socios de Honor, deberá efectuarse a proposta de dous Socios Fundadores ou Ordinarios. A Xunta Directiva admitirá ou, no seu caso denegará a solicitude de admisión, explicando por escritos as razóns neste último caso.
        Para que a admisión e rexeita de novos Socios sexa efectiva, será ratificada pola Asamblea Xeral.
Artigo 9
Os Socios causarán baixa na Asociación:
        Por desexo do interesado por comunicación escrita ó Presidente ou Secretario da Asociación.
        Por falecemento ou disolución das entidades xurídicas.
        Por decisión da Xunta directiva, que será ratificada pola Asamblea Xeral, previo informe.
        Por non facer efectivo o importe da cuota anual.
Artigo 10
Son dereitos dos Socios:
        Participar nos actos que a Asociación organice.
        Recibi-lo Boletín Interno e outras comunicacións da Asociación.
        Utiliza-los medios de expresión da Asociación para a difusión das actividades cós fins da mesma.
        Ter voz e voto na Asamblea Xeral.
        Presenta-la súa propia candidatura á Xunta Directiva da Asociación (só nos socios ordinarios e fundadores).
Artigo 11
Son deberes dos Socios:
        Participar na Asamblea Xeral e nas actividades de aqueles órganos dos que forman parte (Art. 11 e seguintes).
        Colaborar na realización do fin da Asociación e observa-los Estatutos da mesma (Art. 2 e 3).
        Contribuir ó sostemento da Asociación có abono das cuotas acordadas pola Asamblea Xeral (Art.24).
Artigo 12
A ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA ten relación directa coa Universidade de Vigo, polo que se considera que a Asociación deberá ter un mínimo dun 50 % de membros da dita Comunidade Universitaria.

CAPÍTULO III: ÓRGANOS DE GOBERNO.
Artigo 13
A Asociación gobernarase e administrarase por dous órganos: a Asamblea Xeral e a Xunta Directiva.
Artigo 14
        A Asamblea Xeral está constituida por tódolos Socios, sendo o órgano supremo de gobierno da Asociación. Seus acordos deben tomarse por maioría simple dos membros presentes ou representados con dereito a voto (salvo nos casos nos que estes Estatutos indiquen o contrario).
        Para que a Asamblea Xeral consideres válidamente constituida deben estar presentes ou representados máis da metade dos seus Socios, en primeira convocatoria, ou os presentes  ou representados, en segunda convocatoria.
        A Asamblea Xeral reunirase unha vez ó ano con carácter ordinario; con carácter extraordinario sempre que o acorde a Xunta Directiva ou o solicite o 20% dos Socios con dereito a voto. A preside o Presidente da Xunta Directiva e o Secretario de ésta.
        A Asamblea Xeral será convocada polo Presidente da Xunta Directiva a través do Secretario, con  30 días de antelación, acompañándose a Orde do Día; entre a primeira e a segunda convocatoria haberá un prazo máximo dunha hora. A inclusión de puntos adicionais na Orde do Día a proposta dos socios aceptarase tra-la solicitude mediante escrito motivado dirixido ó Presidente, con 7 días de antelación á data da Asamblea, firmados polo menos polo cinco por cento dos socios.
Artigo 15
Son competencia da Asamblea Xeral Ordinaria:
         Elexir e renova-la Xunta Directiva.
         Aproba-la xestión da Xunta Directiva e o presuposto do ano seguinte.
         Fixa-la cuota anual de Socios.
         Reforma-los Estatutos e aproba-lo reglamento de réxime interno.
         Solicita-la declaración de Utilidade Pública.
         Acorda-la admisión de Socios de Honor (Art. 6,4).
         Ratificar ou rexeita-los novos socios propostos (Art. 7).
         Nomea-las comisións, comités, grupos de traballo e responsables das reunións científicas ou congresos que organice a Asociación.
         Nomea-lo editor ou editores e o consello de redacción das publicacións que edite a Asociación.
         Resolver cantos asuntos son da súa competencia según os Estatutos ou propostos pola Xunta Directiva, dacuerdo coa fin da Asociación.

Artigo 16
A Asistencia á Asamblea Xeral será persoal ou por representación, bastando para acreditar ésta un certificado firmado polo Socio, ó que acompañará o número do D.N.I. ou pasaporte. A representación poderase facer unicamente respecto dos puntos fixados na Orde do Día. Esta representación a levará outro socio e ninguén poderá leva-la representación de máis de dous socios ausentes.
Artigo 17
         A Xunta Directiva é o órgano executivo da Asociación.
         Estará constituida por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro, un editor e ata un máximo de doce Vogais ós que a Xunta designará funcións específicas no seu caso.
         Tomará  as súas decisións por maioría simple de votos dos membros presentes, e en caso de empate decidirá o voto do Presidente.
         Para que poidan chegar a acordos de carácter executivo deberán estar presentes polo menos a metade dos membros.
         A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario polo menos semestralmente.
Artigo 18
Corresponde á Xunta Directiva:
         Velar polo cumplimento de cantos acordos se adopten na Asamblea Xeral.
         Ter as atribucións que sexan necesarias para o funcionamiento e consecución dos fins da Asociación, salvo aqueles que específicamente corresponden á  Asamblea Xeral.
Artigo 19
        As competencias dos cargos de Presidente, Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro serán as propias dos cargos desta denominación. O Presidente da Xunta Directiva ostenta a representación desta en tódalas actuacións e relacións xurídicas da mesma.
        Tódolos cargos da Xunta Directiva tendrán unha duración dun ano. Cada ano poderase renova-la xunta, podendo ser reelexidos indefinidamente.
        As vacantes que se produzan na Xunta Directiva sen esgota-lo período reglamentario serán cubertas con elementos da mesma ata a renovación reglamentaria.
Artigo 20
Os candidatos á Xunta Directiva deberán ser socios fundadores ou ordinarios da Asociación e as candidaturas presentaranse á Xunta Directiva polos propios candidatos ou polo menos cinco socios. A Xunta Directiva preparará a lista dos candidatos para os cargos que haxa que renovar. A elección dos cargos farase na Asamblea Xeral, previa exposición e debate polos candidatos do programa de goberno.


Artigo 21
         A Xunta Directiva gobernará e será competente en tódolos asuntos da Asociación que non estén reservados por estos Estatutos ou que non sexan sometidos á Asamblea Xeral pola mesma Xunta Directiva.
         O Secretario e o Tesoureiro presentarán á Asamblea Xeral respectivamente unha Memoria Anual das actividades da Asociación e un informe económico que conteña a conta de resultados e o orzamento para o ano seguinte.
         Os acordos da Asamblea Xeral e das reunións da Xunta Directiva reflexaranse en Libros de Actas diferentes,  custodiados polo Secretario.
Artigo 22
As causas do cese dos órganos de goberno son:
         As vacantes da Xunta Directiva superen o 40% dos cargos. Estas vacantes poderán deberse a: falecemento, cese ou renuncia.
        A votación dun 75% dos socios a favor da destitución da Xunta Directiva perante petición de Asamblea Extraordinaria correctamente solicitada.
Artigo 23
As modificacións dos Estatutos só poderán aprobarse polos socios en Asamblea Xeral Extraordinaria convocada expresamente para ese fin. Para el é necesaria unha proposta da Xunta Directiva ou unha proposta firmada polo 20% dos socios como mínimo e remitida ó Presidente. Este a incluirá na Orde do Día, e para a súa aprobación requerirase a presencia  ou representación de polo menos un 50% dos socios, na primeira convocatoria, ou os socios presentes ou representados na segunda convocatoria, e o voto favorable dos dous tercios dos socios con dereito a voto presentes ou representados.

CAPÍTULO IV: RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 24
A ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA (A.P.G.) carece de patrimonio fundacional.
Artigo 25
         Os recursos financieiros previstos para o funcionamiento da Asociación son as cuotas dos Socios, así como as subvencións e donacións que perciba de personas, centros de traballo, Asociacións, entidades e organismos públicos e privados.
         Tamén de ingresos que obteña en virtude das súas propias actividades, como beneficio de publicacións, ou tasas e matrículas de cursos, coloquios, seminarios, etc.
         A Asociación poderá facerse cargo de cantas donacións bibliográficas ou coleccións de fósiles quieran face-los seus Socios e outras entidades, así como manuscritos, cartas ou otros documentos non publicados, pasando a incrementa-lo patrimonio da Asociación.
         Outros donativos que por varios conceptos poidan recibirse de personas ou entidades de boa procedencia e fosen dignas de recibo chegando á Asociación para incremento do seu patrimonio.
         Os fondos obtidos serán utilizados para cubri-los gastos da Asociación dacordo  co presuposto anual elaborado polo Tesoureiro e aprobado pola Asamblea Xeral. O ano económico da Asociación comenza o 15 de setiembro e finalizará o 14 de setembro.
         Para o cumprimiento dos seus fins, os recursos financieros obtidos pola Asociación ingresaránse en contas abertas a tal efecto polo Presidente, Vicepresidente, Tesoureiro, quenes serán as únicas personas autorizadas polos Órganos de Goberno da Asociación para ser signatarias das transaccións e desembolsos que a Asociación realice, que xustificarán debidamente para a súa inclusión polo Tesoureiro nas contas de resultados e presupostos. A regulación bancaria dos fondos da Asociación establecerase de forma que asegura o que, en caso de cese ou falecimiento das personas signatarias autorizadas, os fondos revirtan automáticamente na Asociación.
Artigo 26
O límite de presupuesto ordinario anual fíxase en cincuenta mil euros (50.000€).
Artigo 27
        A cota anual é fixada pola Asamblea Xeral.
         Socios de Honor non cotizan á Asociación.

CAPÍTULO V: DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 28
         A disolución da Asociación deberá ser acordada en Asamblea Xeral Extraordinaria e a súa aprobación requerirá o voto favorable das tres cuartas partes dos Socios con dereito a voto presentes ou representados.
         Acordada a disolución da Asociación, o patrimonio acumulado dedicarase íntegramente a fins docentes ou de investigación, según resolva a Asamblea  Xeral, e previo saldo das deudas da Asociación.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Disposición 1ª: A vixencia de estes Estatutos comeza ó día seguinte da súa Inscripción no Rexistro.
Disposición 2ª: A todo canto non esté previsto nos presentes Estatutos aplicaráselle a vixente Ley de Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e disposicións complementarias.

DILIXENCIA: Rexistro de modificacións
A día 12 de Setembro de 2013 aprobouse en Asamblea Extraordinaria a ADICIÓN do seguinte artigo (ARTIGO 5) no CAPÍTULO I:
Como Asociación domiciliada na Universidade de Vigo, o seu ámbito de acción tamén estará especialmente dirixido ós membros da Comunidade Universitaria viguesa, e realizaranse con eles diferentes actividades: exposicións, talleres, seminarios e outras coa súa colaboración, podendo realizarse nas súas instalacións.

A día 12 de Setembro de 2013 aprobouse en Asamblea Extraordinaria a ADICIÓN do seguinte artigo (ARTIGO 12) no CAPÍTULO II:

A Asociación Paleontolóxica Galega ten relación directa coa Universidade de Vigo, polo que se considera que a Asociación deberá ter un mínimo dun 50 % de membros da dita Comunidade Universitaria.

0 comentarios:

Publicar un comentario